Preguntas frecuentes:
A AGAFIME está constituida por profesionais relacionados co ámbito da física médica.
Os obxectivos da asociación son fundamentalmente os seguintes:
- Prestar axuda aos asociados nos
problemas científicos e profesionais que poidan presentarse.
- Fomentar e manter a unión,
coñecemento e asistencia entre os asociados.
- Organizar Cursos, Congresos,
Coloquios e calquera actividade de natureza análoga sobre temas que afecten aos
aspectos científicos e técnicos relacionados coa Física Médica e a Protección
Radiolóxica.
- Establecer grupos de traballo
para a realización de tarefas sobre temas de carácter científico, profesional e
docente relacionados coa Física Médica e a Protección Radiolóxica.
- Cooperar con centros
Hospitalarios, de Investigación, Ensino e calquera outros relacionados coa
Física Médica e a Protección Radiolóxica.
- Divulgar mediante publicacións,
periódicos memorias científicas e notas técnicas, os diversos aspectos da Física
Médica e a Protección Radiolóxica.
- Facilitar asesoramento ós
organismos, entidades e persoas que o soliciten.
Para facerse socio é preciso descargar o formulario que se pode atopar na páxina web. Unha vez cumprimentado este formulario pódese remitir á dirección de correo electrónico da sociedade. Actualmente é preciso que dous socios avalen a solicitude de cada novo solicitante.
A AGAFIME está centrada na situación e particularidades da física médica en Galicia. Serve tamén como punto de encontro e foro de debate para os profesionais interesados na situación específica de Galicia.
|
|