¿Quén somos?

Sobre nos

A Asociación Galega de Física Médica (Agafime) é unha entidade que agrupa a diferentes profesionais que desenvolven a súa actividade profesional no campo da Física Médica e da Protección Radiolóxica. Deste xeito, aínda que o groso da Asociación está constituído por especialistas en Radiofísica Hospitalaria, pertencen tamén á Asociación: médicos de especialidades nas que se empregan radiacións, investigadores do área, profesionais de empresas do sector, etc. Os fins da Agafime son promover o avance da Física Médica e da Protección Radiolóxica, así como divulgar a necesidade e os beneficios destas especialidades. 

O ámbito de actuación da Física Médica céntrase preferentemente no emprego das radiacións ionizantes no ámbito médico, tanto de diagnóstico (Radiodiagnóstico, Medicina Nuclear) como terapéutico (Radioterapia). Deste xeito, son tarefas competencia da especialidade: a planificación dosimétrica de tratamentos de radioterapia, o control de calidade de equipos xeradores de radiación ou a protección radiolóxica en instalacións médicas onde se empregan radiacións.